Elefante Elegante presenta este venres no Teatro Municipal “Kyoki”
“Kyoki” é o título do espectáculo que este venres, 8 de novembro, ás 19 h presenta Elefante Elegante dentro da programación de outono. Baixo a dirección de Gonçalo Guerreiro, coa interpretación de María Torres e a manipulación de obxectos de Mario Rodríguez, aborda cunha mirada cómplice, reflexiva e sensible o esquecemento, a vellez e a soidade. O título do espectáculo Kyoki significa “demencia” en xaponés.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.