O Centro Dramático Galego volve a Tui con “Terceiro acto”
O Centro Dramático Galego, CDG, volve este xoves, 31 de outubro, ás 21 h ao Teatro Municipal de Tui para pór en escena a súa última montaxe “Terceiro acto”.
Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez son as encargadas da dramaturxia e da dirección desta peza teatral que combina humor, melancolía e beleza. En escena estarán Belén Constenla, César Goldi, Fernando Morán, María Costas e César Cambeiro. A escenografía foi deseñada por Marta Pazos, o vestiario por Yaiza Pinillos, a coreografía é de Amaya Galeote e a iluminación de Miguel Ruz.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.