Música no Claustro

O mes de agosto abrirase coa décimo novena edición de Música no Claustro. Festival de Música, Patrimonio e Creación. Do venres 1 ao xoves 7 ás 21 h ofrecerá concertos no claustro catedralicio. Apertura de portas ás 2.45 h
Venres, 1 de agosto, 21h
Músicas dende Cabo Verde
Concerto
Sábado, 2 de agosto, 12h30
Identidades: Mário Lúcio dialoga co xornalista José Font
Conversa na fachada románica da Catedral
O escritor, pensador, cantante e compositor Mário Lúcio abre Música no Claustro 25. Un concerto íntimo de músicas caboverdianas, como a morna, a funaná, o batuque ou a coladeira, ritmos presentes na súa traxectoria musical no grupo Simentera (1992-2004), ao carón da Orquestra Gulbenkian ou a só, formato elixido para celebrar recentemente o seu 60 aniversario.
Sábado, 2 de agosto, 21h
Obras de Mozart e Schumann
Música de cámara: cuartetos de corda
JOUSKA STRING QUARTET
Tras o concerto de apertura do caboverdiano Mário Lúcio, Música no Claustro 25 achégase ao canon da música clásica europea cos cuartetos de corda de Mozart e Schumann.
Con sede en Basilea, Suíza, o Jouska String Quartet está conformado pola violinista italiana Alice Tomada e a madrileña Sofía Fasla-Prolat, a violista catalá Marina Prat Mir e o violoncellista madrileño Kiril Fasla-Prolat. En 2024 recibiron o Café Bauhaus Award, un recoñecemento outorgado pola European Union Youth Orchestra co patrocinio da Comisión Europea, que ten por obxectivo conectar a interpretación musical de excelencia con temas contemporáneos como o cambio climático, a sustentabilidade, a igualdade de xénero, a diversidade, a equidade e a inclusión.
Domingo, 3 de agosto, 21h
Flamenco de Raíz
Coa participación de Antón Giménez
GABRIELA GIMÉNEZ
A cantaora Gabriela Giménez presenta en Música no Claustro o seu primeiro espectáculo „Flamenco de Raíz", un diálogo entre o antigo e o novo, unha conversación entre o pasado e o recente nun formato íntimo ao carón do guitarrista Antón Giménez.
Luns, 4 de agosto, 21h
Mestura
Coa participación de Toño Miguel (contrabaixo), David Sancho (piano e teclados) e Andrés Litwin (batería)
MARÍA TORO
Mestura é o novo traballo da frautista María Toro, unha conversa entre o jazz, o flamenco, a música popular brasileira e o folclore de Galicia. Unha unión de culturas, un berro universal dende a raiceira.
Martes, 5 de agosto, 21h
Concerto
Coa participación da pianista Karla Martínez Rabanal
Mércores, 6 de agosto, 12h15
Foro profesional de artesanía e instrumentos musicais Resonancias®
Conversa con María Casado, coordinadora do programa MUSAE de música nos museos do Ministerio de Cultura. Actividade baixo inscrición
RAQUEL AREAL
En xaneiro de 2025, a violinista tudense Raquel Areal gañou praza na Filharmónica de Berlín. Un fito da música en Galicia, ao converterse na primeira persoa de orixe galega en alcanzar este logro. Un éxito acadado aos 25 anos que se suma a una sólida traxectoria que comezou na Escola de Música de Tui.
Hoxe, Raquel Areal regresa a Música no Claustro para ofrecer un concerto ao carón da pianista cubana Karla Martínez Rabanal cunha selección de pezas que nos achegan ao París da primeiras décadas do século XX con obras de Lili Boulanger, Claude Debussy ou Maurice Ravel. En paralelo, una visión transatlántica co arxentino Astor Piazzolla, a estadounidense Amy Beach ou a cubana Gisela Hernández, unha das compositoras que formou parte do Lyceum Club de La Habana, institución clave no desenvolvemento de oportunidades para as mulleres en Cuba na que tamén destacou a galega María Muñoz de Quevedo.
Mércores, 6 de agosto, 21h
Solilòquia
Piano
CLARA PEYA
Clara Peya é unha pianista e compositora catalá en procura continua dunha identidade propia, dunha música comprometida que fai caer calquera barreira. Sen renunciar a nada, a artista defende que a arte é a ferramenta máis poderosa de transformación social que existe.
Música no Claustro acolle a presentación en Galicia do seu novo álbum Solilòquia (Allau 2025). Un traballo íntimo, no que explora o encontro con ela mesma, a música coma terapia de saúde mental, co silencio fronte á „sobreestimulación de información, de cousas que nos perdemos, somos 'multitarefa' para chegar a fin de mes e acabamos estando medio presentes nos lugares, cando o aquí e o agora é o único que temos" (El Periódico, 21 de abril de 2025).
Xoves, 7 de agosto, 21h
Solo de violoncello
Obras de Bach, Kodály e improvisacións
MON-PUO
Fillo dunha familia de artistas de Taiwán, Mon-Puo naceu en Madrid e na actualidade reside en Berlín. A través do seu instrumento, o violoncello, Mon-Puo reflexiona sobre a súa identidade, sobre a procura dunha orixe verdadeira, dunha esencia que debe aprender a cambiar de forma nun mundo que xamais deixa de transformarse. Virtuosismo e creatividade que mergullan na idea da repetición na arte como resposta, e través dela buscar o sinxelo no complexo e o cotiá.
Cunha formación exquisita, Mon-Puo gañou concursos en Corea do Sur, Rumanía, Austria, Letonia, Armenia ou China. En resposta ao seu talento e as súas contribucións á música clásica foi recoñecido como „Embaixador de Cultura" de Taiwán.
Mon-Puo pecha Música no Claustro 25 cun solo de violoncello no que explora as Suites de J. S. Bach e a Sonata en Si menor, Op.8, de Zoltán Kodály (Hungría, 1882-1967), en paralelo a improvisacións e melodías que convidan a reflexionar de forma conxunta sobre o valor e riqueza das identidades ···
V Foro Resonancias
Además o mércores 6 celébrase o Foro Resonancias
O festival Música no Claustro® convoca a quinta edición do foro profesional de artesanía e instrumentos musicais RESONANCIAS® 25, impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia.
RESONANCIAS® ten por misión ser un punto de encontro, reflexión e difusión do tecido profesional artesán e da construción de instrumentos musicais en diálogo con outras disciplinas anexas como a interpretación musical, a xestión cultural ou profesións técnicas vencelladas ao sector, nun compromiso marcado na posta en valor do emprego de madeiras galegas.
RESONANCIAS® 25 conta coa colaboración do Concello de Tui, do Ministerio de Industria y Turismo, a través da Oficina Española de Patentes y Marcas; e do Ministerio de Cultura, a través das axudas ao sector do videoxogo, do podcast e outras formas de creación dixital, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.