Caramuxo Teatro da Coruña con "Redondo"
Unha esfera agocha historias sorprendentes que poderemos descubrir nunha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia. A Mr. Round o seu protagonista fascínanlle os obxectos redondos.
Autor: Juan Rodríguez e Laura Sarasola Pontón
Dirección: Laura Sarasola Pontón
Son e iluminación: Suso Jalda
Escenografía: Caramuxo Teatro
Elenco: Juan Rodríguez
Xénero: Teatro para bebés
Clasificada: Público familiar
Recomendada: de 6 meses a 3 anos
Duración: 30 min.
Idioma: Galego





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.