Cinema, música xunto a Festa do Miño e Arraianos conforman a oferta estival en Tui
Cinema e música protagonizan a oferta cultural para os meses de xullo e agosto en Tui xunto á VII Festa do Miño e o II Festival Arraianos. Trátase dunha programación dirixida a todos os públicos pensada para disfrutar na rúa. Con estas propostas ábrese a Axenda Corredoira Cultural do segundo semestre do ano que recolle a programación prevista ata o mes de decembro.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.