Mañá preséntase a I Andaina Camiño Portugués da Costa Caminha-Tui
Mañá mércores, 13 de setembro, ás 11h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a presentación da I Andaina Camiño Portugués da Costa Caminha-Tui que se vai celebrar este sábado, 16 de setembro. Esta actividade está organizada pola Asociación Iacobus Tui, xunto ao Concello de Tui, e o Club Andatui Regodapedra,
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Asociación Iacobus Tui, Victoria Álvarez, e o presidente do Club Andatui Rego da Pedra, José Martínez Tato.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.