IV Mostra da Camelia Cidade de Tui
IV Mostra da Camelia Cidade de Tui celebrarase o sábado 19 e o domingo 20 de xaneiro na Área Panorámica de Tui.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
IV Mostra da Camelia Cidade de Tui celebrarase o sábado 19 e o domingo 20 de xaneiro na Área Panorámica de Tui.
Mañá xoves, 17 de xaneiro, ás 12h, na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da IV Mostra da Camelia Cidade de Tui que se vai celebrar esta fin de semana na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.
Vén de ser publicado o documental “De Rosendo a Rosendo” dirixido por César Espada que retrata a vida do bispo tudense Rosendo Salvado a través da música coa viaxe a Australia que realizou en 2016 Rosendo Mercado, co gallo do 200 aniversario do nacemento de Salvado.
Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren, o sábado 5 de xaneiro, á estación de ferrocarril de Valença, onde serán recibidos polas autoridades municipais, e a continuación haberá unha pequena escenificación.
A Eurocidade Tui-Valença recibe aos Reis Magos de Oriente este sábado, 5 de xaneiro, na décima edición da Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade que une as dúas cidades. A comitiva real estará formada por 150 persoas que acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar.
"Monte Aloia, a creación dun lugar" é o título da exposición que dende o luns 24 ata o venres 4 de xaneiro poderá visitarse na Sala Xacobeo da Área Panorámica.
A mostra, organizada co gallo do corenta aniversario do Monte Aloia coma Parque Natural, busca recoñecer a figura e o papel desempeñado polo enxeñeiro Rafael Areses como gran impulsor deste espazo natural.
Música, actividades infantís, a visita do Apalpador, unha exposición sobre o enxeñeiro Rafael Areses e a Cabalgata Internacional de Reis conforman a programación de Nadal que a partir de mañá continua no Concello de Tui. As actividades previstas dan continuidade ás celebradas xa dende comezos de mes.
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 21 de decembro, ás 21h o Concerto de Nadal organizado polo Concello de Tui. Correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui e o Coro Mistura Vocal.
O conservatorio Profesional de Música de Tui e a Escola de Música ofrecerán mañá xoves, ás 20h, no Teatro Municipal o seu Concerto Solidario de Nadal.
Dende ás 17.30h poderanse retirar as entradas, na sala Xacobeo, a cambio dun quilo de alimentos que serán cedidos a SOS Tomiño Baixo Miño.
O domingo, 16 de decembro, ás 19h terá lugar o concerto inaugural das obras de rehabilitación do Palco da Música no Paseo da Corredoira. Este concerto correrá a cargo do trompetista Manuel Madarnás acompañado dun quinteto de metais e percusión