Tui rende homenaxe a Danny Sheehy falecido hai un ano cando navegaba cara a cidade polo Miño
“A cidade de Tui ao poeta irlandés Danny Sheehy”, escrito en galego, irlandés, castelán e inglés, é a mensaxe que reza na placa de bronce situada na fachada do edificio do club Náutico San Telmo que foi descuberta esta tarde nun acto de homenaxe ao poeta falecido en xuño do ano pasado cando realizaba o Camiño de Santiago en barco de remo, e se dirixía cara Tui cando sufriu un accidente na desembocadura do Miño.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.