Visitas e actividades experimentais "Tralas pegadas do Tempo"
“Tralas pegadas do tempo” é o nome das visitas guiadas, conducidas por arqueólogos que a concellería de Cultura e Patrimonio organiza para as próximas semanas. Trátase de catro rutas nas que dun xeito lúdico, participativo e experimental, os participantes poderán descubrir parte do patrimonio arqueolóxico do municipio. Tamén como novidade ao comezo da visita haberá unha serie de actividades experimentais relacionadas cos modos de vida da prehistoria, tales como a descuberta do lume, introdución á caza, obradoiros de aerografía ou fundición de metais





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.