Marta Alonso con “Bailar Agora”
O Teatro Municipal de Tui acolle o venres, 1 de outubro, ás 21.30 h o espectáculo de danza contemporánea “Bailar agora” de Marta Alonso.
BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara o posicionamento no presente social e persoal a través da danza.
Un impulso por situarnos no tempo actual, no afecto e na emoción do que estamos a compartir aquí e agora bailando.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.