FIAR - Domingo 25
Prosegue o I Festival Internacional de Artes de Rúa. É unha iniciativa conxunta da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui subvencionada polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.
Domingo, 25 de xullo, de 2021
Ás 15.30 h no Largo do Governo Militar en Valença Pajarito con “A Vida Tola de Pajarito”. Aforo 50 persoas. Entradas





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.