Cinema "Fiebre del sábado noche"
O mércores, 11 de agosto, ás 22 h no Paseo Fluvial proxéctase a película "Fiebre de sábado noche".
Reserva de entradas dispoñibles dende o luns 9 de agosto ás 12 h → RESERVAR ENTRADAS
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
O mércores, 11 de agosto, ás 22 h no Paseo Fluvial proxéctase a película "Fiebre de sábado noche".
Reserva de entradas dispoñibles dende o luns 9 de agosto ás 12 h → RESERVAR ENTRADAS
O martes, 10 de agosto, ás 22 h no Paseo Fluvial proxéctase a película "Los Goonies".
Reserva de entradas dispoñibles dende o luns 9 de agosto ás 12 h → RESERVAR ENTRADAS
A ribeira de Caldelas acolle o venres, 27 de agosto, ás 22 h a representación de "A contenda dos labradores de Caldelas ou entremés famoso sobre a pesca do río Miño". Trátase unha produción da Companhia de Teatro de Braga e o Centro Dramático Galego para o Festival de Almagro, coa que se conmemora o 350 aniversario desta peza teatral que foi o primeiro texto dramático escrito en lingua galega.
As entradas poderanse reservar gratuítamente dende o luns, 23 de agosto, ás 12 h.
Nova Galega de Danza presenta o espectáculo "Leira" o venres, 13 de agosto, ás 21 h na Praza de San Fernando.
Do 22 ao 26 de setembro celebrarase Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui.
Do 18 ao 22 de agosto terá lugar o IKFEM'21, Festival de Teclados da Eurocidade Tui-Valença.
Música no Claustro, o XV Festival de Música, Patrimonio e Creación desenvolverase na Catedral de Tui do 1 ao 7 de agosto.
Domingo 1 de agosto ás 21.30 h Carta Branca á oboísta Iria Folgado
Luns 2 de agosto ás 21.30 h Ángeles Toledano, cantaora flamenca
A Eurocidade Tui-Valença acolle o venres 23, sábado 24 e domingo 25 de xullo de 2021 o I Festival Internacional de Artes de Rúa. É unha iniciativa conxunta da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui subvencionada polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.
Serán quince espectáculos e 24 funcións as que na fin de semana se poderán gozar na Eurocidade Tui-Valença dirixidas especialmente a público familiar.
A praza de San Fernando será o escenario do concerto de Ana Belén Rodríguez Trío este venres, 16 de xullo, ás 22 h dentro do ciclo “Música no ar” da Deputación de Pontevedra. A formación está integrada por Ana Belén Rodríguez, piano; Noelia Álvarez, voz; e Kiri Cabaleiro, gaita, frauta, percusión.
O cinema abre a programación cultural do verán en Tui. O Paseo Fluvial volverá converterse nunha sala de cinema ao aire libre con capacidade para 300 persoas. Tres son as películas que o público poderá gozar esta semana “Zog y los doctores voladores”, “El viaje de Chihiro” e “Stand by me”. As entradas poden reservarse de forma gratuía en www.tui.gal.