Tui, o Camiño do Nadal
"Tui, o Camiño do Nadal" volve a ser este ano o lema da programación e da decoración destas festas.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
"Tui, o Camiño do Nadal" volve a ser este ano o lema da programación e da decoración destas festas.
A Biblioteca Pública Municipal de Tu organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Tui, catro obradoiros dirixidos aos rapaces e rapazas con idades entre os 5 e os 12 anos de idade. Os interesados deben inscribirse previamente ben persoalmente na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.
En concreto os obradoiros ofertados son os seguintes:
Dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal" a Biblioteca municipal de Tui acollerá do 29 de decembro ao 4 de xaneiro obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos. Para asistir é preciso inscrición previa en biblioteca@tui.gal.
A exposición de fotografías antigas “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” amplía a súa presenza na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui ata o vindeiro 8 de xaneiro. A mostra recolle unha escolma dos fondos gráficos do Balneario de Caldelas de Tui.
A luz vai ser a protagonista do concerto que este sábado, 11 de decembro, ás 20 h o coro Mistura Vocal vai ofrecer no Teatro Municipal. Baixo a dirección da tudense Aloia Martínez 35 cantoras e cantores achegaránnos “A Historia da Luz” a través dun variado repertorio que brindará un percorrido musical por distintas épocas e estilos.
A luz entendida coma metáfora do Nadal e coma inicio e comezo, personificada nunha muller irá conducindo o concerto a través das obras interpretadas, ao tempo ilustrará ao público sobre a súa personalidade.
O venres, 17 de decembro, ás 19 h, chega ao Paseo da Corredoira a gala musical "Un conto de Nadal" dentro dos musicais de 100 Anos de Verbena Galega.
La Oca Banda acompañada de 6 artistas convidados da verbena galega como a tudense Noelia Solleiro como anfitriona; Lito Garrido de Panorama; David Balboa excompoñente de Paris de Noia; Carlos Mariano de Suavecito; Marta Valiño excompoñente de Olympus, e Ruth Núñez finalista do programa da Tvg A Liga dos Extraordinarios.
A Banda de Música Popular de Tui ofercerá o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal de Tui o xoves, 30 de decembro, ás 21.30 h.
A entrada é de balde pero é preciso realizar a reserva previa no seguinte enlace. Para acceder ao concerto é preciso a presentación de certificado covid de pauta de vacinación completa, de ter superado a enfermidade ou certiciado de proba diagnóstica negativa.
As tres corais tudense, a Coral do Centro Sociocomunitario, a coral Ponte da Febres e a coral San Telmo ofrecerán o xoves, 23 de decembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui o seu concerto de Nadal.
A entrada é de balde pero é preciso reserva previa no seguinte enlace.
Dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal" o xoves, 16 de decembro, ás 20 h, no Teatro Municipal de Tui terá lugar o Concerto de Nadal do alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
As entradas son de balde pero é preciso realizar reserva previa no seguinte enlace. ENTRADAS
Dentro da programación "Tui, o Camiño do Nadal" o coro Mistura Vocal ofrecerá o sábado ás 20:00 h no Teatro Municipal de Tui o seu concerto de Nadal, titulado A historia da Luz.