Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

MUMI 2022

Data: 
29/09/2022
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A Eurocidade Tui-Valença acollerá do 29 de setembro ao 1 de outubro o MUMI, III Encontro Profesional de Música de Galicia e Portugal. 

 A Eurocidade Tui-Valença acolle e patrocina a través do proxecto Unicidade este encontro que, ademais da vertente profesional, abrirá boa parte do programa ao público xeral.

Actuarán vinte bandas, as galegas Brais Morán & Nasafunk, Brassica Rapa, Caamaño & Ameixeiras, Caldo, Golfiños, Momboi, Mounqup, Neboa, Xan Campos Trío e Xosé Lois Romero & Aliboria, e as portuguesas Birds are indie, Crua, 47 de Fevereiro, Dapunksportif, Kumpania Algazarra, Manuel Maio, Meta, Omiri, Raia e Space Ensemble.

A oferta para profesionais desenvolverase no Teatro Municipal de Tui e no Espazo OFF da Academia de Música da Fortaleça de Valença, mentres que os concertos abertos ao público terán lugar na Avenida da Estaçao de Valença e no Paseo da Corredoira de Tui.

O artista portugués Omiri e o proxecto galego de Xosé Lois Romero & Aliboria serán os encargados de ofrecer o concerto de apertura do MUMI 2022 o xoves 29 de setembro ás 22 h ES na Avenida da Estaçao de Valença. Para pechar o Mumi 2022 celebrarase, coma novidade, o Festival Minho Transfronteirizo, que con catro propostas musicais con base en Valença e Tui: Helen&Shana, Jasper, Rackham e Roclin'Gina&The Sentinels terá lugar o sábado ás 19 h H ES no Paseo da Corredoira.