Música sen fronteiras para celebrar o 10 aniversario da Eurocidade Tui-Valença
As orquestras dos dous centros de ensinanza musical da Eurocidade Tui-Valença, o Conservatorio Profesional e a Escola de Música de Tui, e a da Academia de Música da Fortaleza de Valença ofrecerán mañá sábado, 12 de febreiro, ás 20 h no Teatro Municipal de Tui o concerto de clausura da conmemoración do décimo aniversario da Eurocidade Tui-Valença.
Precisamente estes dous centros, o Conservatorio de Tui e a Academia de Música de Valença, reflicten no seu alumnado esas relacións a unha e outra beira do Miño xa que contan tanto con alumnos e alumnas galegos e portugueses.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.