Os Náufragos con Hugo

Data:
18/11/2022
Lugar:
Teatro Municipal
‘Hugo’, da compañía Os Náufragos, é un espectáculo teatral infantil que conta a historia deste rapaz diferente. A Hugo, diagnosticado con TEA, trastorno do espectro autista, gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia o visita cada día, e a ela gústalle falar e as plantas. Hugo é unha peza que fala da empatía, da necesidade de comunicarnos e da beleza da diferencia. A cita será o venres, 18 de novembro, ás 19.30 h no Teatro Municipal.
Mellor Espectáculo para a infancia Premios María Casares 2022
Espectáculo FETÉN 2022
Espectáculo Galicia Escena Pro 2022
- Dirección e dramaturxia: Gustavo del Río
- Elenco: María Rojas, Jimmy Núñez
- Música: Daniel Valentín
- Deseño escenográfia: Marimo Studio
- Deseño iluminación: Daniel Pais
- Axudante de dirección: Sete Eiroa
- Produción: Os Náufragos Teatro
- Xénero: Teatro
- Recomendada: + 4 anos
- Duración: 45 minutos
- Prezos: 4€ e 3€