Ciclo de conferencias conmemorativo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto
O martes, 9 de novembro, ás 19.30 h, remata o ciclo de conferencias conmemorativo do 450 aniversario da Batalla de Lepanto. Será da man do historiador tudense Suso Vila que pronunciará a conferencia titulada “Os corsarios turco-berberiscos nas costas galegas e o seu eco remoto no retablo de Nosa Señora do Rosario de San Domingos de Tui”. Na mesma analizará a influencia que estas incursións tiveron na historia do sur de Galicia e o papel que a Igrexa e as devocións populares xogaron nestes momentos de perigo e incerteza. Será ás 19.30 h na igrexa de San Domingos.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.