Mes da Biblioteca

Actividades para público infantil, presentación do libro “El báculo de San Epitacio”, exposicións e o inicio do Club de Lectura serán as citas para o mes de outubro dentro do programa con motivo do Día da Biblioteca.
Programa Mes da Biblioteca
-
Martes, 4 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal de Tui
-
“A maquina do tempo” por Teatro Ghazafelhos
-
-
Venres, 7 de outubro, ás 20.00 h na Biblioteca Municipal de Tui
-
Presentación do libro “El báculo de San Epitacio” do autor tudense Emilio Estévez
-
-
Martes, 11 de outubro, ás 17.30 h na Biblioteca Municipal de Tui
-
“Os Nortis e os libros sen título” de “Juste Kamishibai papel e teatro”
-
-
Luns, 17 de outubro, na Sala de Exposicións Municipal
-
Inauguración da exposición “Castelao grafista (facsímile)” da Afundación, Obra Social de Abanca, coa colaboración da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia.
-
-
Segunda quincena de outubro no Anexo da Sala Municipal de Exposicións
-
Exposición fotográfica sobre a “Misión Atalanta” que desenvolven as Forzas Armadas españolas no océano Índico. Promove a Subdelegación de Defensa e a Comandancia Naval do Miño.
-
Haberá charla informativa sobre esta misión dos militares españois.
-
-
Martes, 18 de outubro, ás 18.00 h na Biblioteca Municipal de Tui
-
“Xogando coas palabras” co mago Javier Muro
-
-
Martes, 22 de outubro
-
Comezo do Club de Lectura
-
Inscrición até o 15 de outubro en https://www.bibliotecaspublicas.es/tui/Servicios/Club-de-lectura.html, no correo biblioteca@tui.gal ou persoalmente na propia biblioteca.
-