Lisi da Silva presenta o luns en Tui as súas primeiras novelas
A Biblioteca Municipal de Tui acolle o luns a presentación das novelas da escritora do Porriño, Lisi Da Silva, que ten editado recentemente “Martín no sabe morir” e “El ruído de los tonos grises”. A cita será ás 20 h na Sala Félix Rodríguez González dentro da actividades que programa o Concello de Tui nos meses de maio e xuño co título de “Tui en letras”.
Estas novelas “Martín no sabe morir” e “El ruído dos tonos grises” están protagonizadas pola inspectora Lola Oliveira. Son as dúas dúas primeiras entregas da triloxía "Crebas".





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.