IKFEM Festival Tui - Valença
A décimo terceira edición do IKFEM, Festival Tui – Valença, brindará do 16 ao 20 de xullo unha programación que une tradición e vangarda a través de concertos, encontros profesionais e actividades para todos os públicos, en lugares coma a Alameda de San Domingos en Tui ou a Fortaleza de Valença. A programación completa pode consultarse na web oficial do festival: www.ikfem.com, onde tamén se poden adquirir as entradas, ao igual que en ataquilla.com.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.