Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui promove unha camiñada ao Monte Aloia coincidindo coa Romaría das Angustias

30/06/2026
É preciso inscribirse até este venres. Sairá o domingo ás 8 h da praza da Inmaculada

Este domingo, 5 de xullo, terá lugar a romaría de Nosa Señora das Angustias no Parque Natural Monte Aloia. Coincidindo con esta celebración o Concello de Tui promove unha camiñada ata o Monte Aloia recuperando unha vella tradición tudense que no primeiro domingo de xullo se organizaba a procesión da Virxe das Angustias dende o centro urbano ata o cumio do Aloia portando a imaxe devocional da romaría.

Para contribuír a revitalización desta vella tradición o Concello de Tui retoma a camiñada organizada o pasado ano, co gallo do 125 aniversario da cruz monumental do Monte Aloia. Esta camiñada sairá este domingo, 5 de xullo, ás 8 h da Praza da Inmaculada.

Cómpre inscrición previa ata este venres 3 de xullo en turismo@tui.gal ou biblioteca@tui.gal indicando nome, apelidos, data de nacemento, DNI e un teléfono de contacto. Aconséllase aos participantes levar calzado axeitado, crema solar e auga.

Para a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, esta proposta do Concello tudense ofrece unha alternativa de lecer e esparexemento para a cidadanía ao tempo que pretende contribuír á consolidación desta tradicional romaría que reúne a centos de persoas da contorna do monte Aloia nunha xornada festiva e de encontro.