Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais
Convocatoria de subvencións para a promoción de actividades levadas a cabo por asociacións culturais no exercicio 2026.
O importe da consignación ascende a un total de 42.200,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria2026.1.334.48900.03 do orzamento ordinario para 2026.
O importe individual das subvencións concedidas ao abeiro desta convocatoria non poderá superaros 7.000,00 € nin o 80% do proxecto subvencionable.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.