XXXI Festival de Bandas de Música
Dentro da programación do verán cultural o venres 21 de agosto, ás 21:00h, celebrarase unha nova edición do Festival de Bandas de Música, que chega xa á súa trixésimo primeira edición.
Nesta ocasión o festival terá lugar no Paseo Fluvial. Contará coa actuación da Banda de Música de Salcedo e a Banda de Música Popular de Tui.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.