Tui continúa presente no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia
O Concello de Tui segue a estar presente no Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, CAIA, asegurando así a continuidade da voz das crianzas e mocidade tudense neste espazo autonómico de participación. Nesta nova etapa, será Eva, integrante do grupo “ParTUIcipando”, quen asuma a representación das nenas, nenos e adolescentes de Tui durante os vindeiros dous anos. Toma así o relevo de Adela, que foi a representante tudense até o de agora.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.