A maxia do Nadal prosegue esta fin de semana en Tui
Esta fin de semana Tui segue a vivir a maxia do Nadal con música, obradoiros, mercado de Nadal, taller de Papa Noel e o tren turístico da Eurocidade.
Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
Esta fin de semana Tui segue a vivir a maxia do Nadal con música, obradoiros, mercado de Nadal, taller de Papa Noel e o tren turístico da Eurocidade.
Gran éxito de acollida dos obradoiros de Nadal da Biblioteca Municipal de Tui que nun so día cubriron as 150 prazas ofertadas.
Celebraranse o luns 23, xoves, 26, e venres 27 de decembro, e o xoves 2 e venres 3 de xaneiro en horario matinal baixo o título xenérico “Un Nadal diferentes de cor verde” facilitando a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións de Nadal ao tempo que favorece a creatividade dos máis pequenos da casa.
Mañá sábado, 14 de decembro, ás 12 h terá lugar a inauguración das obras de rehabilitación do edificio municipal situado na rúa Camilo José. O acto contará coa intervención do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; da concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, e do arquitecto responsable da obra, Daniel Torres Campos. No mesmo contarase cunha pequena actuación musical a cargo do alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
A maxia continúa neste Nadal en Tui con solidariedade e música que se unirán no concerto de Nadal que mañá mércores, 11 de decembro, ás 20 h ofrecerá no Teatro Municipal de Tui o Conservatorio Profesional/Elemental e a Escola de Música Municipal de Tui. Un ano máis este centro de ensinanzas musicais aposta por organizar un evento solidario no que colaboran con SOS Tomiño Baixo Miño.
Así a entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros destinados a SOS Tomiño Baixo Miño, que poderán ser entregados dende as 18 h na entrada do teatro.
A maxia do Nadal chega tamén á Biblioteca Pública Municipal de Tui cunha oferta de actividades dirixidas a todas as idades pero con especial atención á rapazada que ten nestas datas un especial protagonismo.
Máis de 600 persoas teñen participado xa nas primeiras actividades desenvolvidas a pasada semana.
Catro son os concertos que dentro da programación de Nadal acollerá o Teatro Municipal de Tui. Con estes catro eventos este espazo encherase da música e da maxia destas festas.
A primeira das citas será este mércores, 11 de decembro, ás 20 h co Concerto Solidario de Nadal do alumnado do Conservatorio Profesional/Elemental e da Escola de Música Municipal de Tui. Serán os encargados de abrir este mes de maxia e música no Teatro. A entrada, de balde, pódese retirar dende ás 18 h, entregando un quilo de alimentos non perecedoiros, e até completar o aforo.
O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado, 21 de decembro, ás 21.30 h ES espectáculo musical “Estrela” encherá de maxia o Nadal da Eurocidade Tui-Valença.
O Teatro Municipal de Tui acollerá o sábado 28 de decembro, ás 20 h un concerto especial de polifonía a cargo das tres corais tudenses Ponte das Febres, do Centro Sociocomunitario e San Telmo que brindarán unha noite inesquecible.
Primeira actuación: Coral Ponte das Febres
A Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto de Nadal único baixo o título de “A historia de Santa Claus". Será o venres, 27 de decembro, ás 21.30 h no Teatro Municipal de Tui.
O Anexo da Sala Municipal de Exposicións no Edificio “Francisco Sánchez” acolle até o 4 de xaneiro unha escolma das obras gañadoras do certame de pintura rápida ‘Pinta Tui’ que neste ano alcanza a súa novena edición.
O concurso, celebrouse no mes de novembro coa colaboración do Concello e doutras entidades da cidade, contando coa participación de máis dunha trintena de persoas de toda a provincia de Pontevedra e da Coruña. Nas súas obras, que agora se poden ver expostas ao público, recolleron espazos e lugares de Tui con diversas técnicas e estilos.