San Telmo - Luns 13

Data:
13/04/2026
Lugar:
Tui
O luns 13 de abril, Luns de San Telmo , será festivo local en Tui. Esta é a programación prevista no día grande das festas patronais:
- 10.00h En San Bartolomeu, Concentración Cabalar.
- 10.30h – 12.00h Na S.I. Catedral Misa na Honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
- 12.30h – 13.30h Na Corredoira, concerto da Banda Xuvenil de Tui.
- 18.00h – 20.00h Na praza da Inmaculada, Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Lembranzas.
- 18.00h – 19.00h No Teatro Municipal, concerto da Banda de Música da Escola Naval Militar Marín.
- 19.00h – 21.00h No Espazo Feiral, verbena con París de Noia.
- 19.15h – 20.00h Dende a rúa Augusto González Besada ata a praza de San Telmo, entrada concerto da Banda de Guerra e Guión da BRILAT, homenaxe aos confrades de San Telmo falecidos.
- 21.00h – 22.30h Dende a S.I. Catedral e polas rúas de Tui, solemne Procesión de San Telmo e ofrenda a San Telmo.
- 22.30h – 23.00h Dende a praza do Concello ata a praza da Inmaculada, desfile despedida das agrupacións musicais participantes na solemne Procesión de San Telmo.
- 23.30h – 23.45h Dende o Paseo Familia Álvarez Blázquez, tirada de Fogos Piromusicais.
- 0.00h – 1.00h No Espazo Feiral, verbena con París de Noia.




