Mañá mércores preséntase o programa da Semana Santa de Tui de 2025
Mañá mércores, 2 de abril, ás 11 h, na sala de concelleiro da casa do concello presentarase a programación da Semana Santa 2025.
Intervirán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a presidenta da Hermandad Dulce Nombre de Jesús e SCM, Begoña Martínez Lorenzo, o presidente da Asociación de Exvoluntarios de Protección Civil de Tui - Cristo da Agonía”, Juan José Sio Castro, e o prior da Hermandad, párroco de Tui e cóengo da Catedral, D. Santigo Freire Comesaña.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.