XIII Festa Gastronómica
O sábado, 16 de agosto, celebrarase a XIII do Miño. Ao abeiro da programación a rúa Compostela, acollerá dende ás 20 h a Festa Gastronómica, na que gozar dos pratos e petiscos da nosa gastronomía tradicional, pero con lugar tamén para innovacións culinarias. Non faltará a animación musical a cargo das charangas tudenses A Tu Ritmo, que fará dous pasarrúas ás 20 h e ás 22 h, e Cantos Somos que actuará ás 21 h e ás 23 h.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.