Concerto “O camiño da Estrela: de Tui a Belén”

Data:
12/12/2025
Lugar:
Teatro Municipal
O Teatro Municipal de Tui acolle o venres, 12 de decembro, ás 20.30 h o concerto “O camiño da Estrela: de Tui a Belén” a cargo das tres corais tudenses: San Telmo, Centro Sociocomunitario e Ponte das Febres.
A narración dun conto protagonizado por unha nena que vive na contorna da Catedral de Tui será o fío condutor deste concerto organizado polo Concello de Tui e baixo a dirección artística da Coral San Telmo.
A entrada pode retirarse gratuitamente dende ás 19.30 h, até completar aforo.




