Miles de persoas gozaron da fin de semana festiva en Tui
Miles de persoas gozaron da fin de semana festiva en Tui. A gastronomía conquistou o sábado á noite o padal de miles de comensais con produtos típicos da nosa cociña con empanadas variadas, tortillas, bocadillos, e outras propostas, e onde non faltaron as sobremesas con tartas variadas, onde non faltaron as clásicas de améndoa, mazá ou tres chocolates, filloas recheas ou bica.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.