Centenario Manuel Lago González
Ó 18 de marzo deste ano 2025 cúmprese o centenario do pasamento do tudense Manuel Lago González (Tui, 1865 – Santiago de Compostela, 1925). O relixioso e escritor foi un dos organizadores dos Xogos Florais que se desenvolveron en Tui en 1891, os primeiros da historia integramente en galego.Foi xunto a a Manuel Murguía o autor dos dous discursos lidos no acto de constitución da Real Academia Galega (1906). Membro fundador da RAG, durante os anos en que foi bispo do El Burgo de Osma (Soria) perdeu a súa condición de académico, que recuperou en 1917 ao regresar a Galicia como bispo de Tui.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.