Presentación da programación da Semana Santa en Tui 2026
17/03/2026
Mañá mércores, 18 de marzo, ás 12 h na sala de concelleiros da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do programa da Semana Santa de Tui.
Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla; o prior da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, párroco de Tui e cóengo da Catedral, D. Santiago Freire Comesaña; o presidente da Asociación de exvoluntarios de Protección Civil de Tui - Cristo da Agonía, Juan José Sio Castro; e o representante da Asociación Amigos da Catedral, Xosé María Lores Pérez.





