Ainé Produccións presenta a Federico Pérez con “Xa que o sabes, voucho contar(e cantar)”
O venres, 7 de febreiro, ás 21 h o popular actor e monologuista Federico Pérez presenta no Teatro Municipal de Tui "Xa que o sabes, voucho contar (e cantar). Neste espectáculo levaranos de viaxe polas paisaxes da súa vida para coñecer algúns dos personaxes que o marcaron como cando nas películas do oeste se marcaban as vacas e os cabalos.
 




Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.