Exposición “Reflexións coa voz tapada” de Xulio M. Sigüenza

Do 15 de maio ao 130 de xuño a exposición “Reflexións coa voz tapada” Xulio M. Sigüenza pode visitarse na Sala Municipal do Edificio Francisco Sánchez.
En “Reflexións coa voz tapada” Xulio M. Sigüenza convídanos unha vez máis, dende a súa particular visión irónica, artística e filosófica e a través de peculiares instalacións e expresións de arte conceptual, á reflexión e a avivar o pensamento crítico. Nesta ocasión , faino da man de Étienne de la Boétie, quen alá polo século XVI, xa advertía sobre “o perigo da servidume voluntaria, esa tendencia á obediencia cega á que o ser humano con frecuencia se autosomete en sociedade, movido por unha persistente e insensata tendencia a renunciar á súa cualidade más valiosa e intrínseca como homo sapiens: o sentido crítico” tal e coma recolle no catálogo da mostra Ana Beatriz Rodríguez Sánchez.
A exposición “Reflexións coa voz tapada” poder visitarse de luns a venres de 9 a 14 h e de 15.30 a 20.30 h e os sábados de 9 a 13 h ata o 30 de xuño.




