Percorrido pola escultura pública de Tui dentro do ciclo “Coñece o noso patrimonio”
Cun percorrido polas obras escultóricas situadas en lugares públicos en Tui continúa o ciclo “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudios Tudenses, coa colaboración do Concello de Tui. Aínda que esta visita estaba inicialmente prevista para mañá martes aprázase para este mércores, 15 de xullo, ás 20.30 h con saída dende a Alameda de San Domingo.




