Dúas visitas temáticas centran a actividade do Setembro Xudeu en Tui na fin de semana
Esta fin de semana continúan as actividades programadas polo Concello de Tui para a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía agrupadas baixo a denominación de “Setembro xudeu en Tui”. Así este sábado, ás 22 h haberá unha visita guiada nocturna polo patrimonio xudeu tudense que incluirá, para todos os participantes, unha degustación de viño kosher.




