O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño desprega todo o seu territorio en Portugal
O Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, do que forma parte o Concello de Tui, dá o salto ao país veciño na súa promoción. Autoridades galegas e lusas mantiveron este mércores un encontro no WOW Porto de Vila Nova de Gaia con influencers e representantes de axencias de viaxe e empresas do sector para presentar o territorio “nunha rexión que levan toda a vida visitándonos e sentíndose como na súa casa, como nós nos sentimos aquí”.