Máis de 11.500 peregrinos percorreron o Camiño Portugués en outubro, un 17% máis que en 2024
O número de persoas que en outubro percorreron o Camiño Portugués de Santiago creceu nun 17% con respecto ao mesmo mes de 2024 até os 11.556 peregrinos. Así se reflicte nos datos da Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago de Compostela recollidos en base ás “Compostelas” entregadas. Esta ruta xacobea consolídase como a segunda elixida polos peregrinos neste mes de outubro para realizar a peregrinación á catedral de Santiago de Compostela. Un incremento superior ao do Camiño de Santiago en xeral que neste pasado meu medrou tres puntos menos, un 14%.




