Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Tui consolídase coma principal punto de inicio do Camiño Portugués a Santiago

Undefined

Tui consolidouse en setembro coma o principal punto de inicio do Camiño Portugués a Santiago, foi amais o segundo lugar de partida de todas as vías xacobeas. Máis de seis mil persoas elixiron a cidade para iniciar esta ruta xacobea o mes pasado. Estas cifras – tanto no cómputo de peregrinos e peregrinas que  realizaron o Camiño Portugués coma os que saíron de Tui – incrementáronse nun 12% con respecto a setembro de 2023.

A alta participación nas actividades do 'Setembro Xudeu' consolida a Tui como destino cultural de referencia

Undefined

Un milleiro de persoas participaron ao longo do mes pasado nas actividades desenvolvidas ao abeiro do programa “Setembro Xudeu” que consolidaron á cidade coma destino cultural de referencia. Así o indica a concellería de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, Ana Núñez, que expresa a súa satisfacción polo balance extraordinariamente positivo do desenvolvemento destas actividades programas arredor do “Setembro xudeu en Tui” cunha ducia de actividades que contaron  cunha ampla participación tanto de tudenses como de visitantes.

Gastronomía, un xogo de escapismo e unha visita guiada pechan a programación do Setembro Xudeu

Undefined

A programación do Setembro Xudeu en Tui remata esta fin de semana pechando a oferta de actividades desenvolvidas ao longo deste mes que contaron cunha moi boa acollida.  Un xogo de escapismo ao aire libre, a derradeira visita guiada e as xornadas gastronómicas son as citas desta fin de semana. 

Así hoxe sábado, ás 18 h, diante da Oficina de Turismo comezará o xogo de escapismo sobre a “A comunidade xudía de Tui” que levará as persoas participantes a unha emocionante aventura polas rúas do centro histórico seguindo as indicacións e pistas para ir resolvendo os diferentes desafíos.

Este sábado xogo de escapismo ao aire libre para descubrir “A Comunidade Xudía de Tui”

Undefined

A cidade de Tui será o escenario dun xogo de escapismo sobre “A comunidade xudía de Tui” que terá lugar este sábado, 28 de setembro. Comezará ás 18 h inicio diante da Oficina Municipal de Turismo no céntrico Paseo da Corredoira. Esta actividade forma parte da programación do “Setembro xudeu en Tui”.

Mellora da iluminación artística e eficiencia enerxética da Catedral dentro do PSTD A Despensa de Galicia

Undefined

Un proxecto de iluminación artística e eficiente que mellorara a actual iluminación vaise executar na Catedral de Tui dentro do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) A Despensa de Galicia do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño do que Tui forma parte.

O obxectivo é poñer en valor este elemento destacados do patrimonio tudense.

Concerto de música sefardí este domingo con Terra Sigilata na igrexa gótica de San Domingos

Undefined

Esta fin de semana continúan avanzando as actividades do “Setembro xudeu en Tui” con novas ofertas que promoven o legado patrimonial e cultural que as comunidades xudías e criptoxudías teñen deixado na nosa cidade así como o coñecemento da cultura sefardí.

O principal evento destas xornadas é o concerto de música sefardí a cargo do dúo Terra Sigilata co seu espectáculo “Las madres de Sepharad”. Celebrarase o domingo ás 20 h na igrexa de San Domingos.

Visita teatralizada ao patrimonio xudeu de Tui este domingo

Undefined

Esta fin de semana continúan as actividades do “Setembro xudeu en Tui” con dúas novas ofertas que promoven o legado patrimonial e cultural que as comunidades xudías e criptoxudías teñen deixado na nosa cidade.

Por unha banda, este domingo 15 de setembro, ás 11.30 h, na Oficina Municipal de Turismo comezará unha nova visita temática, neste caso dinamizada con varias teatralizacións ao longo do seu percorrido, que realizará un achegamento ao legado xudeu en Tui dun xeito novidoso e dinámico.

Éxito de participación nas actividades do Setembro Xudeu

Undefined

“Estamos moi satisfeitos pola magnifica acollida das visitas temáticas da pasada fin se semana arredor do patrimonio xudeu de Tui” sinala a concelleira de Turismo e Patrimonio, Ana María Núñez Álvarez logo da excepcional acollidas as actividades celebradas o pasado sábado e domingo cunha participación de arredor de 250 persoas.

Dúas visitas temáticas centran a actividade do Setembro Xudeu en Tui na fin de semana

Undefined

Esta fin de semana continúan as actividades programadas polo Concello de Tui para a celebración das Xornadas Europeas da Cultura Xudía agrupadas baixo a denominación de “Setembro xudeu en Tui”.  Así este sábado, ás 22 h haberá unha visita guiada nocturna polo patrimonio xudeu tudense que incluirá, para todos os participantes, unha degustación de viño kosher.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo