Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Javier Bona presenta en Tui “Las llaves de Sefarad: el misterio del legado”

Undefined

Este xoves, 24 de setembro, ás 20 h o Espazo Sociocultural, da rúa Camilo José Cela, acollerá a presentación da novela “Las llaves de Sefarad: el misterio del legado” un trepidante thriller histórico e de misterio escrito por Ignacio Javier Bona López, arqueólogo e historiador, que entrelaza o pasado medieval de España cunha conspiración na actualidade.

Tui acolle a convención anual da literatura fantástica

Undefined

A literatura de xénero fantástico darase cita en Tui do 16 ao 18 de outubro coa celebración da 44ª edición da súa convención anula baixo o título de TuidCon.  Durante estes tres días celebraranse preto de 45 actividades. Contarase coa participación de destacados escritores coma Rosa Montero, Mafalda Santos ou Luis Filipe Silva, recente premio europeo de Ciencia Ficción.  A escritora tudense Conchi Regueiro presentará a súa nova obra.

Visita guiada polo patrimonio xudeu e criptoxudeu de Tui este domingo

Undefined

Este domingo, 13 de setembro, haberá unha nova cita dentro da programación de actividades do “Setembro xudeu en Tui”. Será unha nova visita guiada cun percorrido polo patrimonio xudeu, vinculado ás comunidades xudías e criptoxudías que habitaron no conxunto histórico tudense ao longo dos séculos. Comezará ás 11.30 h na Oficina Municipal de Turismo no Paseo da Corredoira.

O Concello de Tui participa na 70ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España

Undefined

O Concello de Tui participa hoxe xoves e mañá venres na 70ª Asemblea Xeral da Red de Juderías de España-Caminos de Sefarad. Esta reunión que se celebra trimestral celebrarase en Melilla abordando aspectos clave e propostas e iniciativas futuras centradas na defensa e promoción do legado cultural e turístico sefardí.

Este xoves proxección do documental “Adio kerida” (2002) de Ruth Behar na programación do Setembro Xudeu

Undefined

O cinema forma parte tamén a programación do Setembro Xudeu promovida polo Concello de Tui.  A primeira das proxección terá lugar este xoves ás 20 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, en colaboración co Cineclub Tui. 

Proxectarase o documental “Adio Kerida” da antropóloga estadounidense Ruth Behar. 

O grupo Camino Portugués from Tui en Facebook acada os 10 mil membros en Facebook

Undefined

O Camiño Portugués ao seu paso por Tui continúa a crecer non só en número de peregrinos e peregrinas que o percorren senón tamén no seu seguimente nas redes sociais. 

Así o grupo “Camiño Portugués from Tui”, en Facebook  promovido polo Concello de Tui dende outubro de 2023, acadou estes días a cifra de 10.000 membros activos, un número récord no mundo das redes sociais. Cómpre destacar que se trata dun caso único: un grupo en lingua inglesa e centrado, concretamente, nunha cidade dunha ruta xacobea.

A programación do Setembro Xudeu continúa o luns cunha conferencia de Suso Vila

Undefined

O próximo luns, 7 de setembro, ás 20 h a igrexa tudense de San Domingos acollerá, ao abeiro do programa de actividades do “Setembro xudeu”, unha conferencia do historiador Suso Vila titulada "Amores y desdichas en tiempos de la Inquisición: disidencia y matrimonio en la comunidad cristiano nueva en la frontera galaico-portuguesa."

Este sábado visita nocturna ao patrimonio xudeu de Tui

Undefined

O patrimonio xudeu de Tui será protagonista na visita nocturna que este sábado ás 21.30 h se celebra dende a Oficina Municipal de Turismo. Esta actividade forma parte do programa do Setembro Xudeu que organiza o Concello, dentro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía. A participación é aberta, sen necesidade de inscrición previa.

Tui rexistra un agosto de récord no turismo

Undefined

Tui segue medrando como punto turístico e de benvida para as persoas que deciden visitar a cidade nas súas vacacións. Segundo os datos da Oficina Municipal de Turismo, situada no Paseo da Corredoira, 5.614 persoas pasaron polo seu mostrador no mes de agosto. É unha cifra récord, supoñendo un crecemento do 28% con respecto ao pasado ano.

Do total, 1.113 foron peregrinos e peregrinas e 4.501 visitantes que acudiron ao punto de información turística en demanda de información para a súa visita ou na súa peregrinación cara Santiago de Compostela, no Camiño Portugués.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo