Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

Undefined

O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con motivo de San Valentín, que converterá a Praza da Inmaculada nun escenario perfecto para vivir unha experiencia chea de encanto onde a esencia bohemia de París se fusiona co encanto da cidade. 

A celebración ofrecerá unha experiencia única con gastronomía francesa, música instrumental e unha atmosfera máxica que, máis alá do amor romántico, invita a celebrar o amor en todas as súas formas, gozando dos pequenos praceres e da beleza do día a día. 

O Concello de Tui conmemora o Día Internacional en memoria das vítimas do holocausto co acendido de seis candeas

Undefined

Un ano máis o Concello de Tui súmase ao recordo no Día Internacional en Conmemoración da Memoria das Vítimas do Holocausto co acendido de seis candeas en lembranza das vítimas da Shoá. Hoxe luns, 27 de xaneiro, conmemórase o oitenta aniversario da liberación, en 1945 polas tropas soviéticas, do campo de concentración e exterminio nazi de Auschwitz-Birkenau.

Alianza estratéxica entre o Concello de Tui e o grupo turístico Tui para promoción da cidade

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse co CEO do grupo Tui, Sebastian Ebel, en Madrid. O encontro marca o inicio dunha alianza entre ambas entidades para a promoción turística e patrimonial da cidade que frutificara esta primavera coa presentación dun avión co nome de “Cidade de Tui”, por parte da compañía internacional.

Tui acada o apoio de Paradores á conmemoración do oitavo centenario da consagración da Catedral

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez, reuníronse esta tarde coa directora de Paradores, Raquel Sánchez, e co secretario xeral, Ricardo Mar, logrando o compromiso desta entidade para a difusión, a nivel nacional e internacional, dos actos conmemorativos do 800 aniversario da consagración da Catedral de Tui, que terán lugar entre novembro de 2025 e decembro de 2026.

Tui inicia en FITUR a promoción da conmemoración do 800 aniversario da Catedral

Undefined

O Concello de Tui está presente en FITUR, a Feira Internacional de Turismo, para promocionar turísticamente o municipio e buscar novas alianzas. Aos grandes atractivos turísticos que ten o municipio súmase a conmemoración do 800 aniversario da Catedral.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana Núñez desprazáronse a Madrid para participar en FITUR nas presentacións das novas campañas de promoción nas que participa o municipio. Amais tanto hoxe coma mañá teñen axendados distintos encontros para reunirse con operadores interesados en Tui. 

A Camelia loce en todo seu esplendor no Claustro da Catedral de Tui esta fin de semana

Undefined

Distintas cores, variedades, formas e tamaños da camelia locen en todo o seu esplendor hoxe e mañá no claustro da Catedral de Tui, onde este mediodía foi inaugurada a X Mostra da Camelia Cidade de Tui. O evento está organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, coa colaboración do Concello de Tui, xunto a outras entidades.

Música e deporte na programación de Nadal para despedir o ano

Undefined

A programación de Nadal continúa a encher de maxia Tui con diferentes propostas nos próximos días. 

O Teatro Municipal de Tui acollerá hoxe venres e mañá sábado os concertos de Nadal da Banda de Música Popular de Tui e das tres corais tudenses, Centro Sociocomuntiario, Ponte das Febres e San Telmo, respectivamente. As entradas para estes eventos musicais están á venda en tui.gal. 

Amais hoxe venres ás 16.30 h na Residencia Paz e Ben actuará a Coral San Telmo. 

A maxia deste Nadal en Tui transforma rúas e prazas con fermosas decoracións

Undefined

A maxia deste Nadal transforma as rúas e prazas de Tui, coa beleza dunha decoración única, feita principalmente con materiais reciclados que cobran unha nova vida nestas festas.

Na praza de San Fernando, aos pes da Catedral, un pequeno bosque máxico agocha unha casiña de chocolate, decorada con lambetadas que fan as delicias de grandes e pequenos. As luces, coma estrelas dun firmamento, completan este conto de Nadal.

A maxia do Nadal encherá de música esta fin de semana Tui

Undefined

A maxia do Nadal encherá Tui de música e ilusión esta fin de semana. Entre as actividades previstas destacan o Concerto de Nadal da Eurocidade, actuacións das corais tudenses e concerto da orquestra Claxxon. Amais continúa o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira e o Taller Máxico de Papa Noel no edificio da praza da Inmaculada, que contará coa presenza dos elfos e do propio Papa Noel. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo