TuidCon

Tui vai acoller do venres 16 ao domingo 18 de outubro a TuidCon Hispacon, a convención nacional de literatura fantástica. Ao longo de tres días a cidade acollerá mesas redondas, conferencias, presentacións de libros, feira editorial, xogos de rol, cosplay, gala de entrega de premios... contando coa participación de preto de medio centenar de autores e autoras. As convidadsa de honra son Rosa Montero e Mafalda Santos.
O programa desenvolverase en tres espazos: o Espazo Sociocultural na rúa Camilo José Cela, o edificio municipal da Praza da Inmaculada, e a Sala de Exposicións do edificio Francisco Sánchez na rúa Colón. Máis información en https://hispacon.org/
Espazo Sociocultural. r/ Camilo José Cela
Venres 16
- 16.00 -16.30 h Inauguración
- 16.45 -17.30 h O espazo, a última fronteira por Ramón San Miguel
- 17.30 -18.15 h Unha ficción científica en galego? Habela, haina por Jorge Emilio Bóveda
- 18.15 -18.45 h Historia alternativa e especulativa como recurso narrativo no cine de ficción por Pablo Romero
- 18.45 -19.15 h Castelos, pazos e catedrais: A arquitectura na Literatura de xéneros fantásticos por Javier del Moral
- 19.15 -20.00 h Convidada de honra: Rosa Montero
Sábado 17
- 10.30 -11.15 h Coplas de xénero fantástico en galego por David Fernández Vaamonde
- 11.15 -12.00 h Mesa redonda “Publicar fantástico nas outras linguas” coa participación de Alba Rozas, Boadicea; Xon de la Campa, Ragdagast; Job Peró, Obscura. Modera por Conchi Regueiro
- 12.00 -12.45 h A nosa propia Historia por Lola Robles
- 12.45 -13.30 h O contexto histórico como elemento clave en sagas e xéneros fantásticos por David Gago
- 16.30 -17.15 h A fantasía épica breve en galego e portugués por Mariano Martín
- 17.15 -17.35 h Microteatro: Lectura dramatizada: “Son os nosos mozos” por Ana Tapia e Elena Torró
- 17.35 -18.15 h O fantástico no escenario: teatro de xénero por Ana Saiz, Andrea Valeiras,Talita Isla, Inés Galiano e David Fernández Vaamonde
- 18.15-19.00 h Os puntos de diverxencia temporal nas ucronías de ciencia-ficción por Pedro García Bilbao
- 19.00-20.00 h Encontro con Rosa Montero e Mafalda Santos moderado por Lola Robles
Domingo 18
- 10.30 -11.15 h Imaginauta “Actualidade da ficçao especulativa en portugués” por Cátia Marques e Joana Fazenda
- 11.15 -12.00 h Convidada de honra Mafalda Santos
- 12.00 -12.45 h Proxecto HYP - winepunk - por AMP Rodríguez
Edificio Municipal da Praza da Inmaculada
- Xogos de Rol
- Feira Editorial
Venres 16
- 17.15 - 18.00 h Novidades da Editorial Cerbero. Obras de Israel Alonso, Conchi Regueiro e Loli Pérez.
- 18.00 - 18.45 h Tres antoloxías históricas e críticas de fantasía épica española por Mariano Martín
- 18.45-19.45: Presentación e homenaxe
- Reedición de “Las grietas del tiempo” de Ángel Torres Quesada. Colección Clásicos CF, Silente Ediciones 2026. Con Pedro García Bilbao e Javier Jiménez
- Presentación de “Sombras del Pasado” de Eduardo Gallego e Guillem Sánchez con Guillem Sánchez
Sábado 17
- 10.30 - 11.30 h Presentación de obra autopublicada 1 con Eran Mineri, Amparo Rico, Dakor_LK, e Nora Ortega Pérez. Presenta Clara Dies Valls
- 11.30 - 12.15 h Exogamia 1.3 de Ramón Caride con Gabriel Romero de Ávila, Miguel García Fernández e Francisco Álvarez “Koki”
- 12.15 - 13.15 h Novidades de Libros del Salvaje con David das Tebras, Norberto Viñas e Marta Elías con Fran Zabaleta, Laura G. Loaisa e Paco Luna
- 16.30 - 17.30 h Presentación de obra autopublicada 2 con I.J. Aberasturi, Lucía Román, Neptuniam e Caryanna Reuven. Presenta Clara Dies Valls
- 17.30 - 18.00 h Presentación "El secreto de la reina" de Conchi Regueiro. Presenta Patricia Reimóndez
- 18.00 - 18.45 h Novidades de Pórtico con Laura Alonso Ameyugo, Celia Galván e Rubén Cerdá. Presenta Nora Ortega
- 19.00 - 19.45 h Obra fantástica de Ed. Galaxia con Gabriel Romero de Ávila, Juan Parcero, Álvaro Domínguez e Pablo J. Rañales
Domingo 18
- 11.45 - 12.45 h Actividade paralela “Introducción ao Cosplay e demostración” por Manlima Cosplay
Edificio Francisco Sáncehz - Sala Municipal de Exposicións
Venres 16
- 16.45 -17.30 h de 'Divinity: Original Sin' a 'Baldur’s Gate 3'. Unha década de evolución dos videojuegos por Fernando Moreiras
- 17.30 -18.00 h Cen festivais por Nacho Agulló
- 18.00 -18.45 h Mundos sen homes e a alteridade como fronteira por Rafa Lara
- 18.45 -19.30 h Dame igual onde poñas ese monte por Alberto Seijo
Sábado 17
- 10.30 - 11.00 h Estéticas neogóticas e o pantasma como proposta de desarraigo nun mundo en ruinas por Cristina Rausell
- 11.00 - 11:45 h Por todos os deuses: relixións históricas e xéneros fantásticos por Ana Tapia
- 11.00 - 12.00 h Laberintos de estrelas e fadas que van en metro: subvertir os tropos dos xéneros fantásticos por Andrea Valeiras. Na Sala de prensa.
- 11:45 - 12:15 h Ambientar historias na España dos anos 80 por Talita Isla e Inés Galiano
- 12.15 -12.45 h Do mito ao poema: a construción lírica do imposible por Arantxa Rochet e Bárbara Muñumer
- 12.45 -13.30 h Aznarcon 2026: Mesa redonda “A saga dos Aznar. 1953-2026. Un mito da ciencia ficción española” coa participación de Pedro García Bilbao, José Jiménez Barco, Alfonso Seijas “Zipi” e Carlos Quintana
- 16.30 -17.30 h Mesa Redonda “A arte de contar historias: Literatura, rol, xogos de mesa e videoxogos” coa participación de David das Tebras, David Gago, e Pedro Meira. Modera Manu Sánchez
- 17.30 - 18.00 h Utopías e Distopías na ficçao científica portuguesa por Luis Filipe Silva
- 18.00 - 18.45 h Contos de fadas e horror cósmico por Clara Dies e G. G. Lapresa
- 18.45 - 19.15 h Videoxogos e libros, libros e videoxogos por Darkor Faraday
- 19.15 - 19.45 h Escoitar fantasía, narrar unha saga por entregas por Elena Torró e Celia Corral Vázquez
Domingo 18
- 10.00 - 12.30 h Asemblea da Asociación Pórtico na Sala de Prensa
- 10.30 - 11.15 h Verne e as fronteiras da ciencia por José Garabatos
- 11.15 - 12.00 h Uso a miña acción para chorar por Alberto Seijo
- 12.00 - 12.45 h Replantexar o horror cósmico por Clara Dies e G. G. Lapresa
Cea de Gala e Entrega dos Premios Gabriel, Ignotus, Domingo Santos e Matilde Horne
- Sábado ás 21.30 h no Restaurante 4 Elementos - Lume Galego




