Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dezaoito postos participan en Espazos Efémeros en Tui

8/10/2026

Celebrarase dende este venres até o luns no edificio da praza da Inmaculada

A creatividade e o produto local serán os protagonistas de Espazos Efémeros que dende este venres 9 e até o luns 12 de outubro se vai celebrar no edificio da praza da Inmaculada. Tras a recente rehabilitación da planta baixa do inmoble este será o primeiro evento que se celebre neste espazo.   

Dezaoito postos de venda de artesanía, xoiería, moda, produtos agroalimentarios e propostas creativas con meles do país, viños de autor, xoiaría contemporánea, cerámica, arranxos florais e doces sen glute, participarán nos Espazos Efémeros. Tamén haberá obradoiros demostrativos a cargo dos distintos postos e concertos.

Espazos Efémeros é un proxecto de cooperación Leader interterritorial impulsado polos GDR Galicia Suroeste Eurural, Limia-Arnoia e Ulla Tambre Mandeo e está cofinanciado pola Unión Europea a través dos fondos Feader da PE PAC 2023–2027, e conta coa colaboración do Concello de Tui

A inauguración terá lugar este venres, ás 17.30 h, a inauguración a cargo dos representantes institucionais dos tres Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) socios do proxecto, autoridades municipais, provinciais, autonómicas e nacionais,

Ás 19.00 h poderase gozar do primeiro concerto neste espazo a cargo de Faia Díaz e Xan Campos. O Espazo Efémero neste primeiro día permanecerá aberto até  as 21.00 h. Sábado, domingo e luns abrirá de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 21.00 h.

Dos dezaoito posto tres serán de Tui A Fada do Aloia con xoguetes ambientados nas fadas; Mar Jewelrin con xoiería de resina ecolóxica e flores; e adega Quiñóns da Insua. Dende Tomiño chegará Kiwi Eco con produtos de kiwi; do Rosal Mirabel do Rosal con produto local e Mel Niño do Corvo, e dende Oia Ana Belén Jarrín Morán con cadros e postais botánicas.  Tamén estarán en Espazos Efémeros Arxila Ceramics de cerámica de Baiona; Meleiras do Suído con mel de Fornelos de Montes; Floresta Flores con arranxos florais  e Doniccas con donuts sen glute de Gondomar;  Millo Joyería xoiería de follas de millo de Nigrán; Gaia Gourmets de Ourense, Ana Méndez Cerámica con cerámica creativa e xoiería cerámica de Pazos de Borbén; e Fui yo con elementos decorativos de forxado de Santiago de Compostela; Lalusqui con artesanía en coiro e León Lagata con xoiería artesanía de Soutomaior.

 

 Ao longo da fin de semana os distintos postos irán ofrecendo obradoiros demostrativos e contarase coa actuación música de Abril (sábado ás 13 h); Terreiras (domingo ás 19h); e The Swinging Flamingos (luns ás 18.30h).

Programación

Venres 9 de outubro

  • Horario: 18:30 - 21:00 h
  • 17:30 h Acto de presentación
  • 18:30 h Degustación viño galego e apertura de Espazo Efémero Tui
  • 19:00 h Música en directo a cargo de Faia Díaz e Xan Campos

Sábado 10 de outubro

  • Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
  • 11:30 h Obradoiro demostrativo: A Fada do Aloia
  • 12:30 h Obradoiro demostrativo: Mel Niño do Corvo
  • 13:00 h Música en directo a cargo de Abril
  • 16:30 h Obradoiro demostrativo: Arxila Ceramics
  • 17:30 h Obradoiro demostrativo: Lalusquis
  • 18:30 h Obradoiro demostrativo: Mar Jewelrin
  • 19:30 h Obradoiro demostrativo: Fui Yo

Domingo 11 de outubro

  • Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
  • 11:30 h Obradoiro demostrativo: Meleiras do Suído
  • 12:30 h Obradoiro demostrativo: Floresta Flores
  • 13:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Méndez Cerámica
  • 16:30 h Obradoiro demostrativo: Mirabel do Rosal
  • 17:30 h Obradoiro demostrativo: Ana Belén Jarrín
  • 18:30 h Obradoiro demostrativo: Doniccas
  • 19:00 h Música en directo a cargo de Terreiras

Luns 12 de outubro

  • Horario: 11:00 - 14:00 h. e 16:00 - 21:00 h.
  • 11:00 h Obradoiro demostrativo: Kiwi Eco
  • 12:00 h Obradoiro demostrativo: Adega Quiñóns da Insua
  • 12:30 h Obradoiro demostrativo: Gaia Gourmets
  • 16:30 h Obradoiro demostrativo: Millo Joyería
  • 17:30 h Obradoiro demostrativo: León Lagata
  • 18:30 h Música en directo a cargo de The Swinging Flamingos