Tui, Patrimonio Natural
Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño.
Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.
Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño.
A Semana Santa impulsou os datos turísticos do mes de marzo en Tui, tal e coma constatan as estatísticas da Oficina Municipal de Turismo de Tui, no paseo da Corredoira. Durante o mes pasado neste punto de información turística foron atendidos 1.191 visitantes, unha cifra que supera nun 60% á rexistradas no mesmo mes de 2023.
Do total de 1.191 persoas que demandaron información na Oficina de Turismo 303 eran peregrinos e peregrinas e 888 turistas.
Debido á adversa previsión do tempo para a fin de semana o III Encontro de Viños da Raia que se ía celebrar este sábado 30 e domingo 31 na praza da Inmaculada aprázase para o sábado 6 e o domingo 7 de abril.
Natureza, gastronomía, historia, cultura, ... centra parte da oferta que esta Semana Santa se pode disfrutar en Tui
Mañá sábado, ás 12 h, inaugurarase na
A Oficina de Turismo, no paseo da Corredoira, acolle a exposici'ón Gyotaku de Mª Carmen Ramírez e Rocío Grandal. Nas súas obras empregan os prinicipios do gyotaku, técnica de pintura de orixe xaponés sobre papel de arroz, adaptándoos a un deseño, encuadre e enfoque máis actual, e creando pezas únicas.
A inauguraci'ón será o sábado 23 ás 12 h.
Tradición e innovación mestúranse na Festa do Meixón que mañá comeza en Tui e que se vai desenvolver en seis restaurantes Casa Pote, El Molino, Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e o Parador de Tui.
A Festa foi presentada este mediodía no Paseo Fluvial polo alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, e unha representación dos viveiros, os restauradores e a adega Sergio Álvarez. Este evento gastronómico celebra neste 2024 a súa 56ª edición.
18.00 h na Capela das Reliquias da S. I. Catedral
Pregón da Semana Santa A cargo de D. José María Lores Pérez, profesor xubilado do IES “San Paio” de Tui. Pequeno concerto a cargo de alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal de Música de Tui.
Organiza: Asociación de Amigos da Catedral de Tui. Colabora: Cabido Catedral de Tui e Irmandade do Docísimo Nome de Xesús e Santa Casa de Misericordia.
Onte á tarde tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Tui a renovación da Mesa do Camiño de Santiago en Tui, que fora creada no ano 2019, no mandato da anterior Corporación Municipal. A Mesa do Camiño de Santiago Tui ten por obxectivo a cooperación entre os axentes públicos e privados implicados na xestión do Camiño de Santiago no municipio.
A 56ª Festa do Meixón vaise celebrar en Tui do sábadp 23 de marzo ao luns 8 de abril. Terá lugar en seis restaurantes Casa Pote, El Molino, Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e o Parador de Tui.
Así a tapa de meixón poderá desgustarse, a un prezo de 85€ nos restaurantes Casa Pote, El Molino, Emma Tapas&Brunch, La de Manu, O Novo Cabalo Furado e o Parador de Tui, previa reserva.
Os 200 primeiros comensais recibirán coma agasallo un garfo de madeira conmemorativo de Artesanía de Galicia tallado en madeira de amieiro pola empresa Silveira.
Nun esforzo por promover a comprensión e apreciación da rica historia e cultura xudía en España, a Red de Juderías pon en marcha un novo proxecto educativo: o portal Benjamín de Sefarad.