O grupo de Facebook “Camiño portugués. Tui” acada os 6.000 seguidores
O grupo “Camiño Portugués. Tui” na rede social Facebook, promovido polo Concello de Tui en xullo de 2020, acadou estes días a cifra de 6.000 seguidores. Neste período de funcionamento son xa 6.000 os membros activos pertencentes a este grupo na rede social, un número récord no mundo das redes sociais no caso dun grupo centrado nunha ruta e nunha cidade dela.