Modelo Solicitude Fogueiras de San Xoán 2026
Modelo Solicitude Fogueiras de San Xoán 2026
O medio natural é un dos grandes valores de Tui. O río Miño e o Parque Natural do Monte Aloia son os buques insignia do Tui Natural. O coñecemento do entorno serve tamén para aprender a amalo e a respectalo. As sendas que percorren os montes e as beiras do río Miño tentan facilitar ese coñecemento, ademais de proporcionar espazos para o deporte e o paseo. Pero o medio ambiente abrangue tamén o respecto polo mesmo cunha aposta inequívoca pola recollida selectiva e a compostaxe. O obxectivo é reducir ao 50% o lixo que depositamos na bolsa negra no ano 2020.
Modelo Solicitude Fogueiras de San Xoán 2026
O Concello de Tui iniciará o próximo luns, 2 de marzo, unha serie de charlas informativas en todas as parroquias para achegar á veciñanza información sobre prevención de incendios e faixas secundarias. Con estas actividades dende a concellería de Medio Ambiente búscase ofrecer información detallada e pormenorizada de cada parroquia sobre a situación das faixas secundarias e as medidas a adoptar polas persoas para cumprir coa normativa.
Tui é un dos concellos afectados polas incidencias rexistradas no transporte ferroviario dos contedores de lixo dende a terminal de Guixar en Vigo até o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda.
Neste momentos a recollida do lixo en Tui mantense co baleirado dos contedores pero a situación que se rexistra no transporte de residuos a SOGAMA podería conlevar algún retraso mentres non se normalice a situación.
Reciclar pequenos residuos dende un pequeno electrodoméstico, a cargadores ou aerosois é moito máis doado en Tui grazas ao punto limpo móbil do Concello de Tui que hoxe luns, 2 de febreiro, iniciou o seu percorrido polas parroquias. Cada semana, de luns a domingo, estará nunha parroquia tudense co obxectivo de facilitar á veciñanza a reciclaxe sen ter que desprazarse no caso de pequenos residuos até o punto limpo municipal situado en Guillarei.
O Concello de Tui aposta polo medio ambiente coa incorporación dun vehículo 100% eléctrico e de dous puntos limpos móbiles que supuxeron un investimento de 120.939,50 €. O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz, e o concelleiro de Parque Móbil, Miguel Méndez, recibiron hoxe da man da empresa adxudicataria este novo equipamento que permitirá mellorar o servizo que se presta á cidadanía, así coma facilitar o labor aos operarios municipais.
Hoxe, 10 de novembro, entran en vigor as medidas preventivas en Zonas de Especial Vixilancia, ZEV, por aumento do risco de Influencia Aviaria,
O municipio de Tui é un dos 29 concellos galegos situados na zona ZEV.
O obxectivo das medidas adoptadas é evitar o contacto directo ou indirecto das aves domésticas coas aves silvestres de calquera especie.
O Concello de Tui reforza a coordinación para a prevención e actuación fronte aos incendios forestais. Con este obxectivo, esta semana, celebrouse unha reunión de traballo, no salón de sesións da casa do concello, que contou coa participación do alcalde, Enrique Cabaleiro, que interrompeu as súas vacacións para asistir á reunión, da alcaldesa en funcións, Ana Núñez, dos concelleiros Rafael Estévez e Sonsoles Vicente, persoal técnico municipal, representantes da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e das comunidades de montes tudenses.
A Consellería de Medio Rural remite un aviso fitosanitario sobre o momento oportuno para aplicar os tratamentos insecticidas contra o vector da Flavescencia dourada da vide.
Aquí en Tui os viticultores das parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns e Tui deberán aplicar os tratamentos insecticidas autorizados.
Tamén é importante que se apliquen no resto das parroquias por estar esta enfermidade en risco de expansión.
Ante a proximidade da tempada de alto risco de incendios forestais, o Concello de Tui lembra que se debe realizar xestión da biomasa nas faixas secundarias de protección. Esta medida preventiva é fundamental para minimizar o risco de propagación do lume e protexer tanto as vidas como as propiedades da veciñanza, polo que se solicita a colaboración cidadá.