Manual de Uso das Biotrituradoras
Manual de Uso das Biotrituradoras
O medio natural é un dos grandes valores de Tui. O río Miño e o Parque Natural do Monte Aloia son os buques insignia do Tui Natural. O coñecemento do entorno serve tamén para aprender a amalo e a respectalo. As sendas que percorren os montes e as beiras do río Miño tentan facilitar ese coñecemento, ademais de proporcionar espazos para o deporte e o paseo. Pero o medio ambiente abrangue tamén o respecto polo mesmo cunha aposta inequívoca pola recollida selectiva e a compostaxe. O obxectivo é reducir ao 50% o lixo que depositamos na bolsa negra no ano 2020.
Manual de Uso das Biotrituradoras
Para solicitar o uso dunha biotrituradora débese descargar e cubrir o modelo de solicitude que figura a continuación. Logo debe subir con instancia xeral na sede electrónica do concello de Tui.
Solicitude de autorización de uso de biotrituradora
Solicitude de alta no servizo de autorización de uso de biotrituradoras
Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria.
O Concello de Tui foi galardoado con dúas Flores de Honra no Certame Vila en Flor 2022. Trátase da primeira ocasión na que o concello recibe esta segunda flor, unha distinción para a que o xurado valorou positivamente as actuacións en materia de compostaxe, educación ambiental e as obras de recuperación de espazos para a veciñanza.
Guillarei e Paramos acollerán mañá xoves, 17 de novembro, dúas novas reunións sobre o Plan Municipal de Compostaxe.
A cita será ás 19.30 h no Centro Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, e ás 21.00 h no Centro Cultural Laxes de Paramos.
O Concello de Tui continúa apostando pola compostaxe tanto individual coma comunitaria. Nesta liña de traballo a pasada semana fíxose entrega dun composteiro individual á residencia Paz y Bien, tras a solicitude realizada por este centro. A mestra composteira, Sara Luque, achegouse á residencia para facer entrega do composteiro, un aireador e varios cubos con tapa para poder recoller os restos orgánicos nas distintas dependencias, para ser logo depositados no composteiro. Ao tempo explicou que se pode e que non se pode depositar no composteiro, e o uso do mesmo.
O Concello de Tui continúa apostando pola compostaxe coa renovación e continuo mantemento dos composteiros municipais ubicados no centro urbano da cidade. O persoal municipal levou a cabo, nos últimos días, tarefas de limpeza profunda nos composteiros municipais, cambiando adhesivos e carteis para a mellora e accesibilidade dos centros de compostaxe.
Aprobada inicialmente a Ordenanza reguladora da provisión de biotrituradoras a particulares para xestión da biomasa domiciliaria por acordo do Pleno de data 29 de setembro de 2022, queda exposto ó público o expediente, por un prazo de trinta días hábiles, a contar dende o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións e suxestións que estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.