Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O medio natural é un dos grandes valores de Tui. O río Miño e o Parque Natural do Monte Aloia son os buques insignia do Tui Natural.  O coñecemento do entorno serve tamén para aprender a amalo e a respectalo. As sendas que percorren os montes e as beiras do río Miño tentan facilitar ese coñecemento, ademais de proporcionar espazos para o deporte e o paseo. Pero o medio ambiente abrangue tamén o respecto polo mesmo cunha aposta inequívoca pola recollida selectiva e a compostaxe. O obxectivo é reducir ao 50% o lixo que depositamos na bolsa negra no ano 2020.

A exposición do proxecto Albufeira pode visitarse durante unha semana en Tui

Undefined

O Anexo da Sala Municipal de Exposicións acolle dende hoxe, 29 de setembro, e durante unha semana unha pequena exposición itinerante promovida polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico realizada ao abeiro do denominado Proxecto Albufeira sobre a xestión e a conservación dos recursos hídricos do noso entorno e as especies e hábitats asociados a estas masas de auga.

O Concello de Tui recibe a medalla de ouro ‘Praias sen fume’

Undefined

O Concello de Tui recibiu a medalla de ouro de praias sen fume ao contar coa totalidade dos seus areeiros libres de tabaco.

O pasado venres tivo lugar en Baiona o acto de entrega destas distincións, onde o concelleiro de Medio Ambiente, Ismael Diz, recibiu o diploma acreditativo de mans do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña.

A praia de Areeiros pecharase mañá de 8 a 16 h para realizar unha poda preventiva das arbores máis altas

Undefined

O Concello de Tui informa que mañá martes, de 8 a 16 h a praia de Areeiros, en Guillarei, permanecerá pechada. O obxectivo do peche é poder levar a cabo unha poda preventiva das árbores máis altas, para evitar que se volvan producir sucesos coma os rexistrados hai uns días coa caída de dúas árbores de gran porte. Unha delas causou danos sobre un vehículo.

O Consorcio de Augas do Louro encara a fase final das obras de remodelación da potabilizadora de Tui.

Galego

As obras comprenden a demolición e retirada dos equipos e depósitos de reactivos obsoletos, o acondicionamento completo da sala onde se instalarán os novos depósitos e as novas bombas de axitación e dosificación de hipoclorito, coagulante e floculante, necesarios para levar a cabo o proceso de purificación e potabilización da auga captada no río Miño. Estas actuacións supoñen unha inversión de 93.14,54 €, financiada con recursos propios do Consorcio.

Concedido ao Concello de Tui ao obradoiro dual de emprego “Senda río Furnia”

Galego

 

Tui. Luns, 1 de agosto de 2022.   

O concello de Tui vén de recibir a notificación da Consellería de Emprego e Igualdade da concesión dunha subvención de 503.987,00 € para a realización do obradoiro dual de emprego “Senda río Furnia”, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro. Trátase dun proxecto moi ambicioso que ten coma finalidade a formación  en dúas profesións con gran demanda laboral

Éxito da primeira edición de Educalimpando

Undefined

Éxito da primeira edición de Educalimpando, a recollida simultánea de lixo organizada polo Concello de Tui coa participación de sete centros escolares, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. O obxectivo desta actividade, que nace con vocación de continuidade celebrándose anualmente, é concienciar sobre a importancia de non deixar lixo por onde pasamos para respectar o medio ambiente.

O Concello de Tui participa na Semana Internacional de Concienciación sobre o Compost

Undefined

O Concello de Tui participa na Semana Internacional de Concienciación sobre o Compost, ICAW 2022, que este ano se celebra baixo o lema “Compost, a receita para a rexeneración”. Así durante esta primeira semana de maio lévanse a cabo en diferentes países actividades e eventos para promover a compostaxe.  Tui súmase a esta iniciativa da man de Composta en Rede, colectivo ao que o Concello de Tui está adherido dende 2021.

Este venres en Pazos de Reis e Rebordáns reunións informativas sobre o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais

Undefined

Esta semana proseguen as reunións informativas sobre o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

Venres, 29 de abril de 2022

  • Ás 20.30 h no Centro Cultural de Pazos de Reis
  • Ás 21.30 h no Centro Cultural de Rebordáns

Páxinas

Subscribirse a RSS - Medio Ambiente