Tui continua coa aposta pola compostaxe coa distribución de composteiros individuais
O Concello de Tui continua coa aposta pola compostaxe tanto comunitaria coma doméstica. Hai un días recibíronse 50 composteiros individuais que van ser distribuídos entre as persoas que tiñan solicitado este material nos últimos meses e que estaban en lista de agarda.





