IV Mostra da Camelia Cidade de Tui
IV Mostra da Camelia Cidade de Tui celebrarase o sábado 19 e o domingo 20 de xaneiro na Área Panorámica de Tui.
O medio natural é un dos grandes valores de Tui. O río Miño e o Parque Natural do Monte Aloia son os buques insignia do Tui Natural. O coñecemento do entorno serve tamén para aprender a amalo e a respectalo. As sendas que percorren os montes e as beiras do río Miño tentan facilitar ese coñecemento, ademais de proporcionar espazos para o deporte e o paseo. Pero o medio ambiente abrangue tamén o respecto polo mesmo cunha aposta inequívoca pola recollida selectiva e a compostaxe. O obxectivo é reducir ao 50% o lixo que depositamos na bolsa negra no ano 2020.
IV Mostra da Camelia Cidade de Tui celebrarase o sábado 19 e o domingo 20 de xaneiro na Área Panorámica de Tui.
Mañá xoves, 17 de xaneiro, ás 12h, na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da IV Mostra da Camelia Cidade de Tui que se vai celebrar esta fin de semana na Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.
"Monte Aloia, a creación dun lugar" é o título da exposición que dende o luns 24 ata o venres 4 de xaneiro poderá visitarse na Sala Xacobeo da Área Panorámica.
A mostra, organizada co gallo do corenta aniversario do Monte Aloia coma Parque Natural, busca recoñecer a figura e o papel desempeñado polo enxeñeiro Rafael Areses como gran impulsor deste espazo natural.
Onte procedeuse á retirada de dous camelios de grandes dimensións e lonxevidade, un deles centenario, ademais dun cactus sudamericano, das propiedades lindeiras á rúa Ourense que están a ser demolidas para a apertura da rúa que conectará con Colón, Augusto González Besada e Martínez Padín,
Estes dous camelios e o cactus sudamericado foron plantados nos xardíns de Troncoso, conservando así estes dous exemplares nun novo emprazamento nunha actuación promovida pola concellería de Patrimonio e Medio Ambiente que permite ampliar o patrimonio botánico municipal.
O Comité Directivo do Consorcio do Louro, do que forma parte o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto aos representantes dos concellos de O Porriño, Mos e Salceda, Marcos Besada, na súa reunión do pasado luns día 30 de xullo, acordou prestar os servizos de baleirado de fosas sépticas, transporte e xestión dos lodos na depuradora de Guillarei.
Co gallo do Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra mañá martes, 5 de xuño, o Consorcio do Louro, convidou a 80 empresas que nos últimos anos acadaron o permiso de vertudura a unha visita guiada ás instalación que se vai celebrar mañá.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando no que se lembra da obriga dos propietarios de terreos, construcións, edificios e instalacións de conservalos en condicións de seguridade, salubridade, accesibilidade e ornato.
A Xunta de Galicia dentro da campaña de prevención de incendios forestais publicou información sobre as distancias e xestión de biomasas baixo o título de "Toma Medidas"
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando - asinado o 25 de abril de 2018 - sobre a obriga de manter os terreos e solares nas debidas condicións de limpeza, salubridade e ornato público e medidas para a prevención de incendios forestais.
Este venres, 4 de maio, ás 19.30h terá lugar na Sala Félix Rodríguez, unha charla titulada “A avespa asiática. Incidencia e control a través do trampeo”. Está organizada pola Concellería de Medio Ambiente do Concello e a Agrupación Apícola de Galicia. Correrá a cargo de Esther Ordóñez, veterinaria e presidenta do Consello Regulador do mel de Galicia.